Boas prácticas de educación para o desenvolvemento sustentábel nº 20. Monte Vivo no IES de Ponte Caldelas. Unha experiencia de rexeneración e custodia do territorio fronte aos incendios forestais

A colección de Boas Prácticas de Educación para o Desenvolvemento Sostible nace coa vocación de ofrecer exemplos concretos de innovación didáctica en relación coa educación para o desenvolvemento sostible e a cidadanía global, dirixidos a promover unha cultura de sustentabilidade e responsabilidade cívica nos centros.
O IES de Ponte Caldelas (Pontevedra), en colaboración co Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Lourizán, a Comunidade de Montes Veciñais de Cuiñas, e outros axentes do entorno, desenvolveu un proxecto educativo consistente en transformar un bosque queimado e degradado nun bosque autóctono, xerando así unha «área de custodia» e un espazo destinado á aprendizaxe e ao goce de todos e todas. O obxectivo foi contribuír á xestión sostible do territorio e sensibilizar á comunidade sobre a relación entre a prevención de incendios forestais e o mantemento de paisaxes de calidade.

Escritor
Materia
Pedagogía social
Idioma
  • Galego
Editorial
Subdirección General de Cooperación Territorial e Innovación Educativa
EAN
9789200268113
Páginas
22
Edición
1
Fecha publicación
14-07-2025

Libros relacionados