That's English! Curso oficial de inglés a distancia. Guía do alumnado. Curso 2018-2019
Nuria Cambronero Sicilia , Fernando de Diego Herrera , Vanesa Domínguez Torres , Rafael Fernández Alonso , Cleo Merino de Diego , Ángel Nieto Serrano , María Jesús Sierra Delgado , Elena Terán Herranz , Alejandro Zarzalejos Alonso
That's English! é o resultado dunha adaptación á modalidade a distancia das ensinanzas impartidas nas escolas oficiais de idiomas. O programa foi creado, dirixido e supervisado polo Ministerio de Educación en 1993, e impártese en colaboración coas administracións educativas das comunidades autónomas, que son as encargadas de garantir a atención titorial e a avaliación do alumnado nas escolas oficiais de idiomas. O programa That's English! estrutúrase en módulos para dar resposta ás necesidades formativas das persoas adultas (obxectivos educativos máis curtos que se adapten mellor ás circunstancias persoais e á dispoñibilidade de tempo para o estudo de cada alumno ou alumna). Cada módulo corresponde a un cuadrimestre académico, aproximadamente.
O alumnado que supere os módulos correspondentes a un curso completo de That's English! poderá optar por seguir os seus estudos de xeito presencial nunha escola oficial de idiomas sempre que haxa prazas dispoñibles. Para iso cumprirá consultares na escola os prazos e os procesos de admisión e matriculación.
Ao finalizar o módulo 4 (módulo 5 en Andalucía e Navarra), o módulo 8 e o 12, e logo de superar as correspondentes probas terminais específicas de certificación, recibiranse os certificado dos niveis básico, intermedio ou avanzado en inglés, respectivamente. Estes certificados serán expedidos pola administración educativa competente, por proposta da escola oficial de idiomas en que se realizara a proba.
- Materia
- Enseñanza y aprendizaje de lenguas
- Idioma
- Castellano
- Editorial
- Centro para la Innovación y Desarrollo de la Educación a Distancia (CIDEAD)
- EAN
- 9788436958867
- ISBN
- 978-84-369-5886-7
- Edición
- 1
- Fecha publicación
- 01-01-2018
Libros relacionados

Revista de educación nº 64

Datos y cifras de la enseñanza en España 1974

Boletín Oficial del Ministerio de Instrucción Pública y Bellas Artes. Año 1934. Segundo semestre. Números del 79 al 156

El altavoz nº 8. Boletín electrónico de la Consejería de Educación en El Reino Unido e Irlanda

Calanda nº 1. Revista didáctico-cultural

Atlas de Joan Martines (año 1587). Lámina nº 02. Mediterráneo con el occidente de Europa y África

Acti/España nº 9. Actividades para la clase de español

Revista de Bachillerato nº 2. Abril - Junio 1977

El mundo estudia español. 2018. Traducciones

Revista de educación nº 57